Morta en vida. Esgotada.
Procuraba, ansiosa, as súas mans; mans que a traerían de volta.
Aí estaban.
E, xunto con el, volveu sentirse viva.
Latidos. Xadeos.
Unha intensa vulgaridade,
propia do máis puro sexo salvaxe,
coma animais cando atopan o éxtase.
Os sentidos, eufóricos, propios de ela, esixian ler liña a liña
o mapa do seu corpo,
recoñecer o seu olor, a súa pel,
a súa calma antes de fundirse nel.
Ninguén lle ensinara que era ese sentir.
Era iso o amor?
A primeira, a última, a calquera vista...quen sabe.
Ou simplemente o inevitable?
Era adrenalina?
espertándolle a alma,
empurrándoa coa súa loucura
cara todo aquilo que se tiña prohibido experimentar,
aterrada a que descubrise quen era
Corroeu os seus beizos
ata desgarrarse no silencio.
Escolleu o aprendido
e, con dor na ialma,
fuxiu da TENTACIÓN…
de aprender a ser querida.