Que é o que ves?


Dualidade silenciosa,
maleante dos lugares seguros, 
que ollan de verdade,
curiosos, aínda enteiros,
observan, exploran.

Lugares que, xa rotos
borran os nosos nomes,
para convertelos en ruído.

Nun tempo eras enteira.
Sentir.
Sentirnos.
Sentirme.

Compañeira incondicional, soidade,
fogar dos mais primitivos e sinxelos desexos,
esa simplicidade das laranxas enteiras, 
que incomoda á complexidade da “norma”.

Autoritaria a “norma”
cargada de néboa e ruído,
arrastra as mentes
no seu propio labirinto:

Labirinto de guións caóticos,
viláns silencios de entes esgotadas,
agora xa incompletas.

Ausencia de luz nas palabras.
Ollares sen corpo.
Metades sen cabida.

Agora lembro
o tempo pasado, repásoo de novo, 
nun presente mais sabio, 
menos inocente.

Así, da man do meu ruído innato,
dunha prácida curiosidade,
escoito a dualidade deses silencios,
que te consumen sen piedade, 
só así revelan o terreo no que pacen.

Agora comprendo.

Soidade mais eu ansiosas por saber, 

Que é o mundo.

Mais o mundo
nunca me preguntou:

Que é o que ves?

2 Me gusta