Camiñando entre os fieitos
polo monte en Redondela,
aflorou de súpeto
unha densa néboa.
Escabulíase entre os pinos,
mesturábase co orballo,
envolvía ós eucaliptos
de cristais esmagados.
Mais arriba sorprendeume
o mellor banco do mundo,
tan imponente e enxebre
entre as rochas nun curruncho.
Mais a néboa non quixo
que contemplara ese día
a ponte de Rande, as bateas
e a fermosa ría de Vigo.