As historias de cada vida, esas que foron presente, futuro,
para poder ser pasado, déixannos como resultado tantos legados como vidas.
Un deles atraeu alguna que outra mirada curiosa: Platón concebía o amor dun xeito moi característico, vinculándoo á súa teoría sobre o coñecemento e as ideas… teoría que conleva un dualismo de substancias independientes, podendo xuntarse, pero nunca mesturarse.
Na súa teoría do amor falaba de corpos partidos, de seres incompletos, condenados a buscar unha metade, coma quen busca permiso para existir, e vive en ocasións nun estado de éxtase e á vez de frustración.
Dende entón, levamos séculos confundindo amor con procura, e procura con necesidade.
O amor romántico vendeuse como salvación, unha adicción sen droga: éxtase, dependencia, sufrimento…
Amor a primeira vista, torbellino químico, emoción desbordada… un xeito de disfrazar o primitivo e innegociable desexo sexual .
Cheos estamos de frases vendedoras de fume negro: “nós somos un”. Soa demasiado bonita , non o debe ser, cando, as laranxas enteiras se convérten en restos.
Do Eu, segundo Freud, renúnciase á esencia. Ás veces non queda nada máis ca unha identidade negociada.
Somos individuos, Únicos, Irrepetibles.
Nin comemos nin desexamos o mesmo… non sentimos igual.
Por que entón temos imposto un único xeito para Amar? Un si con firmeza os que aman con certa loucura.
Esa complicidade… é admirable.
Outros nacen para ser nómadas… non de lugares, senón de corpos, intelixencias, esencias… até acadar o xenuíno de cada ser, gardalo na memoria e seguir explorando.
Un apaixonante viaxe, ao par que fermoso… aferrados día e noite a esta persoa que un día brillou. Un despiste… e afogaría coa realidade que agocha.
Se espertásemos a conciencia… aí está o dilema! Resulta posible un único molde para vivir a paixón, explorar o desexo, a reprocidade no cariño, chamarlle amor a recompoñer pezas rotas pola falta de non saber o que é, ausencias ao longo da vida.
No amor de nai, de irmán, de amizade… amor que posúe, pero non sostén.
Amar vén sendo recoñecer ao outro enteiro, e decidir non partilo.
Deste xeito convertemos o simple en complexo, así nacen
as palabras sen identidade.